A provincia de Ourense, presente, por primeira vez, en Fairway

A provincia de Ourense está presente, por primeira vez, a través do Inorde, no gran foro de profesionais do Camiño, Fairway. A xerente do Inorde, Emma González, visitou hoxe o stand que o Inorde comparte cos socios do proxecto europeo “Caminos Jacobeos del Oeste Peninsular”.

“Esta participación permítenos promocionar, entre os operadores especializados do sector, os dous itinerarios xacobeos oficiais da provincia: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno”, dixo Emma González. Durante estes días, “desenvolveuse unha axenda be to be con empresas do circuíto de comercialización de diferentes países como Irlanda, Francia, España, Portugal, Reino Unido e Alemaña.

Con este traballo pretendemos posicionar estes dous Camiños Xacobeos que pasan pola nosa provincia, e que aproveitando este Dobre Ano Santo, consigamos impulsar o número de peregrinos e viaxeiros, a través destas rutas que mesturan as catro fortalezas que representa a nosa marca turística: patrimonio, natureza, termalismo e enogastronomía”, destacou a xerente do Inorde.

Esta cuarta edición de Fairway, que se celebra do 7 ao 9 de novembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, conta cun variado programa de actividades que inclúen, ademais da propia Feira, workshop, congreso e unha ampla programación de formación. 

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email