Aberto o prazo para solicitar as axudas do Inorde para accións de promoción de produtos ourensáns a concellos da provincia no 2023

As bases desta convocatoria, publicadas no Boletín Oficial da Provincia o día 18 de febreiro, regulan a tramitación e concesión destas subvencións que poderán solicitarse ata o 23 de marzo

O Boletín Oficial da Provincia publicaba, o pasado 18 de febreiro, as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o financiamento de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o ano 2023. Este ano, co fin de incrementar a contía económica que se concede a través desta convocatoria aos concellos solicitantes destas axudas, incrementouse a partida total dispoñible da mesma (75.000 euros).

Cada concello interesado presentará un único proxecto relativo a unha acción ou a un conxunto de accións promocionais dun ou de varios produtos propios. En todo caso, só poderán ser obxecto de subvención aqueles cuxo orzamento sexa, como mínimo, de 6.000 euros. A contía da axuda pode alcanzar ata o 50% do custe total de cada proxecto para os concellos de 5.000 ou máis habitantes e do 70% para os municipios de menos de 5.000 euros, en todo caso, a axuda non poderá ser superior aos 12.000 euros.

Os interesados en solicitar ditas axudas poden presentar a súa solicitude ata o 23 de marzo de 2023. As solicitudes, subscritas polo representante legal da entidade interesada, serán dirixidas á Presidencia do Inorde, presentaranse de forma telemática, a través do Rexistro Xeral da sede electrónica da Deputación de Ourense, (https://sede.depourense.es/), a través do catálogo de trámites do rexistro electrónico, no que se utilizará o trámite denominado “solicitude de propósito xeral”.

Para máis información: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=41&fecha=20230218

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email