Cabra Galega

No caso da ovella e da cabra galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas no libro xenealóxico, e de 40 euros para as ovellas menores de seis meses e de 45 euros para as cabras de menos de seis meses. Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación ovino/caprino. Ademais, no momento da entrega deberán acreditar que teñen algún animal inscrito no libro xenealóxico de dita raza. Así mesmo, comprométense a non sacrificalos no prazo dun ano e as cordeiras e as cabritas deberán cruzarse, exclusivamente, con machos inscritos no libro xenealóxico.

ORIXE

O orixe filoxenético da Cabra Galega está no representante ancestral Capra hircus aegragus , de orixe europeo, que na súa forma secundaria racial derivaría no primitivo tronco pirenaico.

Os testimonios máis antigos, recollidos na Cova de Pala de Vella (situada no municipio de Rubiá, ao este da provincia de Ourense) documentan restos de animais domésticos como vacas, porcos, ovellas e cabras. De forma aproximada, pódese afirmar que os restos máis antigos de cabras remontánse ao milenio IV a.C. en pleno Neolítico.

Dende mediados do século XX houbo unha regresión bastante marcada nos censos de ovino e caprino, directamente relacionada coas repoblacións forestais. Estas deron lugar á redución importante das zonas de pasto aproveitadas polas citadas especies, quedando relegadas no caso das cabras ás zonas máis montañosas, onde a reforestación era máis complicada.

Na actualidade o sector está experimentando unha profesionalización, e cada vez son máis numerosas as explotacións que crían exclusivamente gando caprino ou de forma conxunta con gando ovino, xa que resulta unha fórmula idónea para optimizar os recursos naturais que posee a comunidad galega.

SISTEMAS DE EXPLOTACIÓN

Os rabaños de cabras en Galicia sempre estiveron ligados as zonas de montaña onde se explotaban en veceiras (rabaños comunitarios), normalmente de forma mixta xunto con gando ovino. Tamén existían pequenos rabaños en zonas de menor altitude, xunto con gando bovino, que servían de produción complementaria.

En canto aos sistemas de explotación, encontránse dende rabaños puramente extensivos, nos que as cabras durmen fóra nas épocas do ano que a climatoloxía o permite, ata explotación semiextensivas, nas que as cabras recollénse ao mediodía ou á noite soamente, pasando todo o día fóra.

CARACTERÍSTICAS DA RAZA

  • Rusticidade e alta capacidade de adaptación ao medio.
  • Resistencia ás enfermidades maior que noutras especies.
  • Axilidade, a cal lle permite acceder a lugares casi inalcanzables para outros animais en busca de alimento.
  • Capacidade especial para dixerir celulosa, o que fai que sexa capaz de aproveitar troncos leñosos que outras especies non comen mediante o chamado ramoneo.
  • Alta prolificidade, partos de 2 e 3 cabritos.
  • Poliéstrica permanente.
  • Mellora do medioambiente no que habita.

A distribución xeográfica destes animais sitúase principalmente nas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense, destacando neste sentido as zonas dos Ancares e O Courel, en Lugo, e a Baixa Limia e a Queixa, en Ourense.

MORFOTIPO

Tratáse de animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos e sublongilíneos. Pelaxe de cor vermello, aceptándose as distintas tonalidades, dende rubia ata retinta.

Características da raza por rexións:

  1. Cabeza

Cabeza braquicéfala e pequena. Perfil frontonasal recto a subcóncavo. Fociño rosado. Orellas de tamaño pequeno ou mediano, delgadas, erguidas e móbiles. Presenza de barba ou perilla nos machos e menos frecuente nas femias. As cornamentas son máis grandes nos machos que nas femias, con maior predominio de arco ou aegagrus ou ibex e en menor medida espiral. Os cornos arqueados son aceptados nas femias. 

  1. Pescozo

Pescozo fino e longo nas femias, machos máis grosos e fortes, presenza de aneis ou gorguillas.

  1. Tronco

Tórax amplo e ben desenvolto con costelas arqueadas. Liña dorsolumbar rectilínea ou lixeiramente ensillada. Barriga voluminosa e recollida, sobre todo nos machos. A cola é curta e erecta.

  1. Ubre

Ubre recollida e ben implantada, cuberta de pelo, con peitos ben diferenciados e pequenos. 5 extremidades delgadas con articulacións fortes e marcadas e tendóns robustos. Bos avais. Pezuños fortes.

  1. Pelo

Pelo totalmente uniforme, de cor vermella con distintos matices, de rubio a vermello. O pelo é curto e brillante nas femias e de lonxitude media nos machos.

  1. Altura e peso

Segundo o sistema de explotación e xestión aplicado, estímase que o rango medio de peso e talla nas femias está entre os 40-50 kg e os 60-70 cm. e nos machos, en 55-70 kg e 70-80 cm.

CARACTERÍSTICAS DE PRODUCIÓN

O obxectivo principal e case único da explotación das cabras galegas é a produción de carne, destacando neste sentido a venda de cabritos lactantes de 10-12 kg de peso, alimentados só con leite das súas nais, ou cabritos algo maiores, de 3-4 meses, con maior peso en canal e xeralmente engordados con cereais.

DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA E SITUACIÓN ACTUAL

A distribución xeográfica destes animais sitúase principalmente nas zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense, destacando neste sentido as zonas dos Ancares e O Courel, en Lugo, e a Baixa Limia e a Queixa, en Ourense.

ESTUDOS

A finais do ano 2010, o INORDE iniciou a adquisición en diferentes zonas da Comunidade Autónoma de exemplares de cabra para a creación dun “Rábano Fundacional de Cabra Galega”.

Actualmente contamos con animais de cinco zonas distintas, concretamente de Ourense de Lobios, Allariz e Bande e de Lugo de Cervantes e Puebla de Brollon.

Neste momento contamos con catro grupos de apareamento (catro liñas), cos que esperamos obter os primeiros exemplares a finais de 2011.

Bases reguladoras venda animais razas autoctonas