O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, situado no Concello de Xinzo de Limia, é o laboratorio no que os agricultores e produtores da provincia acoden na procura de apoio e asistencia técnica ao seu traballo. O Centro naceu coa vocación de dotar de ferramentas técnicas aos profesionais do sector primario á hora de facer o seu labor esencial de abastecer de alimentos á sociedade; por iso, as analíticas de solo e o posterior asesoramento técnico, permítelles xestionar dun xeito sostible as súas explotacións.
Explotacións que serán sostibles desde o punto de vista económico ao optimizar os recursos, que lles asegure a producción coa máxima calidade e sostible desde o punto de vista medioambiental ao garantir un respecto absoluto ao medio natural.
Neste mesmo sentido, cabe recordar que a través do proxecto “Circular Labs – Promovendo o espírito empresarial para a economía circular no espazo ibérico” (cofinanciado polo FEDER a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020), dotouse ao debandito centro dun “Rural Lab”. Infraestructura que se atopa a disposición dos produtores da provincia co obxectivo de que lles sirva de revulsivo de cara á transformación do sector primario para acadar unha mellor e maior optimización da xestión dos recursos.
As labores que realiza o Centro son as seguintes
Investigación e xenética
– Conservación e mellora xenética na pataca a través da colaboración con Polonia, Hungría e Romanía. Cesión para mellora xenética de 50 variedades.
– Aspectos produtivos dos cultivos de pataca, cereal e millo.
– Ensaio, introdución e implantación de novos cultivos (herbas aromáticas, pequenos froitos, cultivos enerxéticos…).
Análise
– Foliares de todo tipo de cultivos (pataca, vide, horta, etc.)
– Fitopatolóxicos de insectos de solo (globodera rostochiensis, globodera pallida).
– Fitopatolóxicos en diversos cultivos.
– De cualidade da pataca: aptitude para frito, cocción, contido en materia seca, amidón e azucres reductores.
Asesoría técnica
– Constitución, mantemento e desenvolvemento de cultivos.
– Fomento da biodiversidade nos cultivos
- Desenvolvemento de proxectos de economía circular
Análises do solo
Procedemento toma de mostras
Datos Identificativos
Reclamacións
O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro pon a disposición dos agricultores un servizo de análisi de solos encamiñado a aumenta a rendabilidade económica e medioambiental das explotacións ourensás. Iste centro atópase amparado pola certificación na norma UNE-EN ISO/IEC 17025 que outorga a ENAC.
Seccións
Novas

Iniciado o módulo de alfabetización para persoas en risco de exclusión social froito da colaboración entre o Inorde e Cáritas Ourense
Esta acción formativa enmárcase no curso de técnicas básicas e operacións auxiliares en agricultura que cada ano poñen en marcha ambas entidades para dotar de

Visita do alumnado do módulo de xardinería do Obradoiro “Couto Mixto” ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde
O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, situado en Xinzo de Limia, recibiu a visita do alumnado do módulo de xardinería do obradoiro “Couto Mixto”,

O responsable do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde participa nas xornadas sobre “Melloras técnicas na producción da pataca”
O responsable do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, Servando Álvarez Pousa, está a participar nas xornadas sobre “Melloras técnicas na producción da pataca”, no
Contacto

Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia
Explanada do Pabellón de Deportes s/n 32630 – Xinzo de Limia Ourense – Galicia
Tel. +34 988 317 946
centroagrogandeiro@gmail.com