A LX Festa do Pulpo do Carballiño, que conta coa colaboración do Inorde, estrea a distinción turística internacional

A 60ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño estrea este ano a súa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Esta celebración gastronómica de referencia conta co apoio do Inorde a través da liña de axudas que este organismo provincial presta aos concellos para desenvolver accións de promoción de produtos ourensáns.

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, no Carballiño, na inauguración desta festa que recupera a programación e a celebración previa á pandemia.  Este ano, a Festa do Pulpo está dedicada ao Xacobeo, “neste dobre ano santo que está a permitir atraer a numerosos visitantes ao noso destino”, sinalou a xerente do Inorde. 

Emma González destacou que se trata “dunha das grandes celebracións gastronómicas da nosa provincia, que rende homenaxe a  dos produtos de referencia do noso territorio e da nosa Comunidade Autónoma e que, finalmente, tras anos de traballo conxunto logrou esta distinción, sendo agora xunto ao Entroido, os dous eventos ourensáns recoñecidos internacionalmente”.

“A enograstronomía é un dos catro recursos cabeceira que integran a marca turística “OU”,  porque somos conscientes de que moitos turistas se decantan por o noso destino atraídos pola calidade dos nosos pratos, entre eles, o que hoxe é o protagonista indiscutible: o pulpo”. 

O pulpo estará amenizado, un ano máis, cun programa cultural e lúdico variado pensado para gozar en familia desta celebración gastronómica. Ademais, este ano seguramente se verá reforzada a asistencia de visitante dada a chegada da Alta Velocidade a nosa provincia que facilitará que chegue un maior número de visitantes atraídos por esta celebración.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email