Aberto o prazo de solicitude de animais de razas autoctonas: Galiña de Mos, Ovella galega e Porco Celta

Aberto o prazo de solicitude de animais de razas autoctonas: Galiña de Mos, Ovella Galega e Porco Celta. No Boletín Oficial da Provincia (BOP), do 16 de febreiro de 2016, publícanse as bases para a venda de razas autótonas para o ano 2016.

Dentro do programa de recuperación de razas autóctonas, ponse á venda polos de raza “Galiña de Mos” ás persoas e entidades que o soliciten, sempre que cumpran os requisitos que se establecen nas bases.

A Ovella Galega. Esta raza atópase nunha precaria situación de supervivencia. Debido a isto, o Inorde está desenvolvendo un programa de conservación e recuperación desta raza, e para contribuír á súa recuperación pon á venda cordeiras.

A raza de Porco Celta, practicamente desaparecida,constitúe un patrimonio xenético, así como unha opción de diferenciar e prestixiar a cabana porcina galega e de Ourense en particular. Co propósito de recuperar e estandarizar a referida raza de Porco Celta, o Inorde ten en funcionamento un programa de recuperación e protección de raza. Co fin de que esta raza volva ás cortes dos gandeiros da nosa provincia, o Inorde inicia unha acción para a venda de animais desta raza co obxecto de que sexan recriados por gandeiros da provincia.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email