O Inorde colabora coa primeira edición da “Festa da Vendima” que acolle a vila de Monterrei

A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe á primeira edición da 
“Festa da Vendima” de Monterrei, coa que colabora este organismo e que pretende visibilizar o viño desta Denominación de Orixe, así como os produtos agroalimentarios locais. Esta celebración pon o colofón final ao intenso traballo da vendima da zona, cunha variada programación na que haberá espazo para expositores, feira de produtos locais cunha clara vocación de reivindicar a cultura popular.

O Inorde conta cun stand propio nesta Festa para dar a coñecer o traballo de apoio e asesoramento que presta este organismo a prol do sector primario, contribuirá a dar visibilidade á importancia que ten para este comarca a viticultura, como eixo estratéxico da súa economía.

Esta primeira edición terá unha entrada única de 5 euros que permitirá gozar aos asistentes da feira de produtos agroalimentarios, actividades infantís, pulpeira e animación musical a cargo do Rancho folclórico de Sao Tiago de Mirandela, Castro Floxo, Gaiteiros de Flariz e Gaiteiros de Medeiros. 

A programación comezou ás 12.30 horas, cos grupos de folclore que encheron de música a celebración cos seus cantos e bailes mentres camiñan cara á Finca de San Francisco, seguidos dos asistentes. Posteriormente, tivo lugar a saída dos carros cargados cos vendimos, que son recibidos con bailes e cantos polos grupos e público. A partir das 13.00 horas, é a quenda para o folión dos carros polo Paseo das Damas, con música e baile, hora á que está prevista a chegada dos carros á Viña do Conde, descarga das uvas e pisado. Ao mediodía, ás 14.00 horas, celebrarase a proba do Mosto e media hora máis tarde, terá lugar a degustación de porcos asados ao espeto que son do programa de razas autóctonas do Inorde e viños da DO Monterrei. Pola tarde, xa a música chegará coa participación dos grupos asistentes para pechar esta xornada festiva.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email