Entrega dos diplomas do curso organizado polo Inorde para os profesionais dos aloxamentos rurais da provincia

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, neste acto de clausura da actividade formativa, no Castelo de Maceda 

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe, no Castelo de Maceda, na entrega dos diplomas ao alumnado que participou no curso organizado polo Inorde para os empresarios, autónomos, empregados ou emprendendores dos aloxamentos rurais. O obxectivo desta iniciativa “que tivo unha gran acollida, chegando a superar as prazas inicialmente previstas, pretendía impulsar a comercialización mediante a innovación e a diferenciación da oferta a través de propostas que poidan implantar no seu negocio”, lembrou a xerente do Inorde.

Os obxectivos desta oferta formativa eran aportar as ferramentas necesarias para poñer en marcha unha idea de negocio en áreas rurais; ofrecer unha visión práctica no marco da sustentabilidade, do funcionamento xeral dun negocio vencellado ao sector aloxamentos, desde unha perspectiva actual. Tamén se pretendía que se atoparan fórmulas innovadoras e apostar por servizos de calidade que supoñan un estímulo para o visitante e aporten valor á contorna na que se ubican apostando por actividades novidosas e desestacionalizadas que xeren atractivo entre o público; e dotar de información actualizada e precisa sobre materia lexislativa.

A duración total do curso foi de 30 horas realizadas en modalidade mixta (presencial e teleformación) cun temario que abordou as seguintes cuestións: a posta en valor do noso aloxamento coa decoración, tematización…, qué e cómo se obtén o compromiso de Calidade Turística, as axudas que hai en Galicia e na provincia de Ourense ao sector, a restauración no noso aloxamento e, as actividades no noso aloxamento, entorno e turismo de proximidade.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email