La cuarta edición de los trenes turísticos de Galicia alcanza el viajero 1.000

trens-turisticosOurense, 7 de agosto de 2016.- O presidente do Inorde, Rosendo Fernández; xunto a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e Oscar Sainz participaron hoxe no acto de entrega do distintivo ao viaxeiro 1.000 da cuarta edición do Tren Turístico que percorre a Ruta do Viño da Ribeira Sacra, un dos nove itinerarios que constitúen o programa ‘Galicia a todo tren’, promovido por Turismo de Galicia coa colaboración de Inorde e Renfe.
A pasaxeira premiada, Ana Tablada, de orixe galega e residente en Madrid, realizaba a viaxe acompañada da súa familia.
Nesta cuarta edición as diversas rutas temáticas dos trens turísticos están acadando o 90-100% de ocupación.
Neste senso, a directora de Turismo de Galicia sinalou que de seguir así, superaríanse os datos alcanzados pola campaña do pasado verán na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición.
Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email