A Deputación de Ourense, o Inorde e a CEO lanzan a primeira edición dun programa pioneiro para o impulso da sustentabilidade en empresas do sector agroalimentario.

A Deputación de Ourense, o Inorde e a CEO lanzan a primeira edición dun programa pionero para o impulso da sostibilidade en empresas do sector agroalimentario contando coa dirección académica de CEOE Campus.

As empresas participantes na presentación e masterclass celebrada hoxe na sede da CEO, no marco da Mobil Week, puideron coñecer a iniciativa hoxe (presencialmente ou vía telématica).

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e a presidenta da CEO, Marisol Novoa foron os encargados de dar a benvida aos asistentes a esta xornada na que Rosendo Fernández destacou “a importancia de desenvolver este tipo de accións formativas que apoien a un sector clave no desenvolvemento social e económico da nosa provinca, dotándoos de coñecemento e ferramentas que as axuden nesa transformación cara a sostibilidade que esixe a situación actual”.

Ademais, lembrou que este tipo de accións encaixan á perfección “coa folla de ruta da xestión do Inorde e coa nosa filosofía, de traballar no fomento de optar cada vez máis por modelos de economía circular”.

O programa desta xornada mesturou sesións formativas en remoto cun enfoque totalmente práctico, contando con empresas que expuxeron as súas boas prácticas e asesoramento para a posta en marcha de accións.

Así mesmo, a directora académica do programa e recoñecida experta en estratexias de sostibilidade, Leticia Álvarez Alonso, e o director dos Programas de Sostibilidade e Gobernanza de CEOE Campus, Jesús Cobaleda Gallardo, foron os encargados de afondar nesta cuestión.

Esta primeira edición do “Programa Sustentabilidade no Sector Agroalimentario” ten como obxectivo apoiar ás empresas do sector agroalimentario neste proceso de transformación cara a sustentabilidade facilitándolles coñecemento, ferramentas e recursos.

O desenvolvemento de avances normativos e a crecente demanda de empresas máis sostibles supón cambios necesarios en vectores como os envases, o desperdicio alimentario, os residuos, a enerxía…, estando obrigadas á creación de valor compartido e sostido. Esta necesidade de cambio, aínda que implica un gran esforzo, pode supoñer tamén unha oportunidade de traducilo en rendibilidade.

Esta xornada celebrouse en aberto (previa inscrición) para as empresas que estaban interesadas nesta transformación á sustentabilidade e tivo un enfoque multisectorial. Durante a mesma, analizouse o camiño que precisa percorrer para crear a estratexia que fará á empresa sostible desde un punto de vista financeiro, social e medioambiental.

Ademais, proporcionouse a información necesaria para cambiar o modelo de negocio e aproveitar as oportunidades que ofrece a sustentabilidade, ferramentas que poderán empregrar no seus informes financeiros y non financeiros, que dan acceso a financiamento privilexiado. E, que constrúen a reputación de marca da empresa. #mWeekOU22

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email