A provincia de Ourense participa na feira de turismo interior, Intur

A xerente do Inorde estivo hoxe, en Valladolid, na inauguración da 24ª edición da Feira Internacional do Turismo de Interior na que a nosa provincia conta cun stand propio para dar a coñecer os recursos turísticos do territorio ás portas da chegada da Alta Velocidade a Ourense

Valladolid, 19 de novembro de 2021.-O Inorde está a promocionar, desde hoxe ata o domingo en Valladolid, a provincia de Ourense na 24ª edición da Feira Internacional do Turismo de Interior (Intur). A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe na inauguración desta feira na que a provincia de Ourense conta cun stand propio a través do cal darase a coñecer os recursos e as potencialidades turísticas do noso territorio.

A participación de Ourense en Intur, incluída no calendario de feiras internacionais de turismo que se celebran en España, está pensada para “posicionar a nosa provincia como ese destino de interior xenuino que marca a nosa estratexia turística”, sinalou a xerente do Inorde, quen lembrou que “Castela e León interésanos é un mercado de proximidade e, sobre todo, pensando na chegada da Alta Velocidade desde a Meseta, onde o tren máis rápido entre Madrid e Ourense terá como única parada Zamora. Polo tanto, é fundamental promover esa conexión que se pode xerar con esta rexión”.

Representados a través da marca turística da provincia desde o stand divúlganse, “os principais recursos relacionados coa enogastronomía, natureza, patrimonio e, por suposto, o Camiño de Santiago xa que aínda nos atopamos neste dobre ano Xacobeo e, entendemos que o ano 2022 pode ser unha gran oportunidade para reforzar a chegada de peregrinos a través dos nosos itinerarios xacobeos”, sinalou Emma González. Tamén hai un espazo dedicado a “ese factor diferencial que temos en Ourense que é o termalismo, a través do programa “Raia Termal”, co que participamos dunha maneira agrupada para potenciar os recursos termais de fronteira”, engadiu a xerente do Inorde.

Durante a inauguración da feira, os visitantes que se achegaron ao stand puideron degustar produtos de O Irixo, así como un dos produtos enogastronómicos de referencia da nosa provincia: o pulpo do Carballiño, para apoiar tamén a que a súa propia Festa logre o recoñecemento internacional.

Como novidade, esta edición de Intur está a celebrarse cun novo formato que diferencia os contidos para profesionais e a promoción e a divulgación dirixida ao visitante. Por elo, organizou para o día 18 de novembro unha xornada profesional baixo o nome de “Intur Negocios”, no que se deron cita turoperadores, axencias, destinos e empresas proveedoras de servizos. Nesta xornada, o Inorde facilitou a empresas ourensás do sector turístico que estaban interesadas en participar neste workshop, “para ofrecerlles a oportunidade de que mantiveran encontros de traballo “be to be” con outros operadores turísticos e puideran establecer sinerxías que axuden a comercializar o noso destino”, explicou a xerente do Inorde. 

Xeodestino Terra de Celanova – Serra do Xurés

No marco deste escaparate internacional, o Inorde e o Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés organizaron, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, un afterwork no que presentaron a axencias de viaxes de Castela e León que pertencen á canle minorista, os recursos turísticos dos concellos que integran este xeodestino.

Con esta iniciativa “pretendíamos favorecer un networking con esas axencias e familiarizalas con este xeodestino xa que poden actuar como prescriptores ante os clientes finais. Un destino, Castela e León, que ademais é transfronteirizo e, polo tanto, resulta máis doado para nós posicionarnos nese mercado con ese atractivo”, explicou a xerente do Inorde.

Emma González explicou que esta actividade tamén permitiu que coñeceran os recursos turísticos deste xeodestino, desde os aloxamentos que ofrecen, ata os recursos gastronómicos, naturais, patrimoniais e culturais que hai neste territorio ourensá, “para que lles resulte máis fácil comercializar e promover esta zona entre os seus clientes”. Esta actividade, que se enmarca dentro das actuacións de promoción deste territorio entre mercados de proximidade, tamén serviu para que as empresas locais de alí degustaran produtos gastronómicos🍯de referencia nestes territorios.

Xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras

Así mesmo, o xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras que tamén xestiona o Inorde terá o seu propio espazo nesta Feira. Concretamente será o vindeiro domingo, 21 de maio, a través dun showcooking que impartirá Flavio Morganti, un dos cociñeiros máis experimentados neste ámbito que opera na provincia de Ourense.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email