A xerente do Inorde visita o municipio do Carballiño para revisar co alcalde as actuacións que se levarán a cabo no marco do PST “Ourense Termal”

A xerente do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal, Emma González, visitou o Concello do Carballiño, un dos municipios beneficiarios deste PSTD liderado pola Deputación de Ourense, para revisar co alcalde do municipio, Francisco Fumega, as actuacións que se levarán a cabo neste territorio no marco do Plan.

O PST “OurenseTermal” materializarase ao longo das anualidades 2022-2024, nos 15 municipios rurais termais da provincia, a través dun convenio entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email