Aprobados catro Proxectos Europeos nos que participa o INORDE por un importe total de 5,9 millóns de euros

Aprobados catro Proxectos Europeos nos que participa o INORDE, tres de Cooperación Transfronteiriza (REDE_ AGRICONET 4.0, CAMIÑOS e CIRCULAR LABs) e un de Cooperación Interterritorial ( KEEP  ON) por un importe total de 5,9 millóns de euros.

O INORDE capta estes fondos coa súa rede estable de socios españois e portugueses, ampliando nesta 2ª Convocatoria do INTERREG V A España Portugal ( POCTEP) a súa participación ao AREA COOPERACIÓN 6- PLURIRREGIONAL, estes tres proxectos serán  financiados ao 75% polo  FEDER. No proxecto  KEEP  ON; do Programa de INTERREG EUROPA, o INORDE exerce como Xefe de Fila, obtendo para a súa execución un 85% de financiamento  FEDER.

Proxecto REDE_ AGRICONECT 4.0 “Impulso da transformación dixital no sector Agroindustrial das rexións  Alentejo-Centro-Estremadura e Galicia-Norte de Portugal”, no que INORDE participa con socios de Estremadura e da rexión Portuguesa do Alto Támega e cun importe de 640.057,36 €

Este proxecto pretende impulsar a Transformación Dixital das PEMES agroindustriais (especialmente as que traballan en transformación, comercialización e loxística) na rexión transfronteiriza Estremadura- Alentejo-Centro e Galicia-Norte de Portugal e farase co obxectivo de aumentar aumentando a súa competitividade e capacidade exportadora, e creando redes de colaboración empresarial a ambos os dous lados da fronteira.  Preténdese a través da cooperación e o traballo conxunto homoxeneizar o estado de dixitalización das Pemes do sector, diminuír a fenda dixital con respecto ás grandes empresas e achegar solucións concretas a retos tecnolóxicos a través da posta en contacto con emprendedores rexionais e europeos.

Proxecto CAMIÑOS “Camiños xacobeos do oeste peninsular”, no que INORDE participa con socios das Deputacións de Cáceres, Cádiz, Huelva, Pontevedra e Zamora; así como coa Junta de Extremadura. O  Municipo de Barcelos e Turismo  do  Alentejo e Centro de Portugal e cun importe de 2.435.790,19 €

Este proxecto pretende traballar na mellora dos Camiños Xacobeos do Oeste peninsular e potenciar o seu carácter transfronteirizo, afastado do concepto de país e relacionar as actividades de mellora de equipamentos, tecnolóxicas, de sinalización e de organización de actividades para que se aproveiten as oportunidades que a existencia dos diferentes Camiños de Santiago do Oeste da Península Ibérica produce como elemento de desenvolvemento económico e social, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e natural do territorio, contribuíndo ao desenvolvemento sustentable dos seus territorio. O proxecto estrutúrase nas actividades de: Realización dunha Estratexia de sinalización e aplicación das novas tecnoloxías aos Camiños Xacobeos; dunha Estratexia de dinamización dos Camiños e recuperación do patrimonio edificado; dunha  Estratexia de Márketing dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular e a creación dunha Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular.

Proxecto CIRCULAR LABs “Promovendo o espírito empresarial para a economía circular no espazo” no que INORDE participa con socios de Castela e León, Ávila, Valladolid, Salamanca, e de  Maia,  Bragança,  Montalegre e Porto. Cun importe de 1.540.450,05€.

Este proxecto ten como obxectivo principal integrar a Economía Circular en novos modelos de negocio, habilitando espazos para a creatividade, a xeración de ideas e a adaptación ao cambio, que contribúan a acelerar a transición do modelo “lineal” ao modelo “circular” baseado na eficiencia no uso dos recursos.

O proxecto estrutúrase nas actividades de Creación de Ferramentas para o impulso dun espírito empresarial baseado en economía circular; de Laboratorio de Formación para a adaptación ao cambio cara a unha nova cultura empresarial e de emprendemento baseada na economía circular; e de Creación de Laboratorios  de innovación en novas iniciativas empresariais para a transición cara a unha economía circular e de Laboratorios de creatividade e novas ideas de economía circular.

A cooperación e o traballo conxunto potenciarán a xeración de ideas, os recursos compartidos e a identificación de boas prácticas.

Con iso preténdese conseguir a transición de:

–   un modelo “lineal” actual: “EXTRAER-FABRICAR- CONSUMIR-ELIMINAR”,  a

 –  un modelo “circular” baseado no principio de “PECHAR O CICLO DE VIDA” DOS PRODUTOS, SERVIZOS, RESIDUOS, MATERIAIS, AUGA E ENERXÍA.

 

Proxecto KEEP  ON  Políticas eficaces para proxectos duradeiros e sustentables no sector do patrimonio cultural, con Entidades de Polonia, Grecia, Países Baixos, Portugal, Italia e Croacia, cun importe de 1.370.543,00 €

O obxectivo principal do proxecto KEEP  ON é mellorar as políticas públicas en materia de patrimonio cultural  para desenvolver proxectos de alta calidade que permitan resultados sustentables coa utilización razoable de fondos públicos e que teñan un impacto duradeiro no desenvolvemento rexional.

Os sub-obxectivos do proxecto ( relación co sector do patrimonio cultural), son entre outros: establecer as políticas públicas como catalizadoras de proxectos de alta calidade que teñan un impacto duradeiro no desenvolvemento rexional; Activar recursos  privados á parte das fontes públicas de financiamento; Resaltar  o enfoque horizontal e transversal da  autosostenibilidad como ferramenta intelixente para garantir un efecto duradeiro dos investimentos; definir achegas validadas para  a Política de Cohesión post 2020.

 

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email