Máis de 200 cicloturistas daranse cita na segunda edición da “Ribeira Sacra Cycling Road”

Este evento deportivo organizado polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, levará aos deportistas a percorrer o vindeiro 24 de setembro, unha das paraxes naturais máis espectaculares da nosa provincia

A presentación da proba tivo lugar hoxe no Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, municipio polo que transcorre a proba xunto aos de Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Parada de Sil, Montederramo e A Teixeira

Esta marcha cicloturista ofrece aos participantes dous posibles percorridos co obxectivo de adaptarse a todos os públicos: un gran fondo de 115 km e un mini fondo de 80 km, cun tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, con tramos cun 24% de desnivel

O presidente do Inorde destacou a importancia da cooperación pública e privada para “desenvolver eventos desta magnitude que nos permiten dinamizar social e economicamente o noso territorio, así como reivindicar o posicionamento de Ourense como destino de turismo deportivo” e agradeceu o apoio de Turismo de Galicia que cada ano “nos apoia na posta en valor dos nosos recursos turísticos a través deste tipo de eventos”

Máis de 200 cicloturistas daranse cita na segunda edición da “Ribeira Sacra Cycling Road” organizada polo Inorde co apoio de Turismo de Galicia, que levará aos deportistas a percorrer o vindeiro 24 de setembro, unha das paraxes naturais máis espectaculares da provincia ourensá.

A presentación da proba tivo lugar hoxe no Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, acto no que participou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, o xefe da área provincial da Axencia de Turismo de Galicia, Cecilio Santalices; a xerente do Inorde, Emma González; o director técnico da proba, Serafín Martínez; o alcalde do propio municipio, Carlos Gómez; e alcaldes e concelleiros dos municipios polos que transcorre a proba (Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Parada de Sil, Montederramo e A Teixeira).

O presidente do Inorde destacou a importancia da cooperación pública e privada para “desenvolver eventos desta magnitude que nos permiten dinamizar social e economicamente o noso territorio, así como reivindicar o posicionamento de Ourense como destino de turismo deportivo” e agradeceu o apoio de Turismo de Galicia que cada ano “nos apoia na posta en valor dos nosos recursos turísticos a través deste tipo de eventos”.

“Tralo éxito logrado o ano pasado ao participar na mesma unha alta porcentaxe de persoas de fóra de Galicia, volvemos con esta segunda edición para continuar a dinamizar a economía local dos municipios que atravesa esta proba cicloturista, e a amosar a riqueza dos recursos que engloba a marca turística “Ourense xenuína”, engadiu Rosendo Fernández.

Pola súa parte, o director técnico da proba lembrou que se trata dunha “proba de gran esixencia física” e que ao igual co ano pasado “a metade dos inscritos que temos ata o momento proceden de fóra de Galicia, o que evidencia a capacidade do turismo deportivo como gran escaparate para dar a coñecer os destinos”.

“Ribeira Sacra Cycling Road”

Esta marcha cicloturista ofrece aos participantes dous posibles percorridos co obxectivo de adaptarse a todos os públicos: un gran fondo de 115 km cun desnivel positivo de 2.600 metros, e un mini fondo de 80 km cun desnivel positivo de 1.800 metros. Ademais, haberá un tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, con tramos cun 24% de desnivel. Recibirán un premio especial os tres primeiros e primeiras de dito tramo.

A saída da proba, de carácter non competitivo, terá lugar o 24 de setembro, ás 9.30 horas na localidade de Luíntra, no municipio de Nogueira de Ramuín. O padriño oficial desta segunda edición da proba será o exciclista profesional que conseguiu subir 3 veces ao podio do Tour de Francia, Joseba Beloki, unha oportunidade única para rodar con el polas paraxes da Ribeira Sacra.

Os interesados en participar na proba poden inscribirse ata o 21 de setembro a través do seguinte enlace: www.aribeirasacra.com.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email