O Inorde colabora coas xornadas técnicas organizadas ao abeiro de Alimagro 2022

O Inorde colaborou co ciclo de conferencias que se desenvolvou,hoxe na Casa da Cultura de Xinzo, para afondar en temas de interese agrícola como a necesaria conservación do medio ambiente a unhas produccións de pataca rendibles.

Estas xornadas técnicas organizadas ó abeiro da feira Alimagro 2022, contaron coa colaboración do Inorde, que se encargou de organizar unha das ponencias que conformaron a mañan de hoxe.

Concretamente, o relatorio D. José Guirao Sola, xefe da sección do servizo de prevención Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente da Junta de Castela e León, encargado de impartir a charla titulada “Zonas Vulnerables a la Contaminación con nitrato en Galicia. Aplicación del RD 47/2022” .

José Guirao conta cunha experiencia demostrada no tema da contaminación difusa da auga, sobre todo no seu aspecto agrogandeiro, é durante a súa exposición fixo gala xa non só dos seus coñecementos sobre o tema se non que amosou especial empatía cos profesionais agrarios ó ser os garantes de aportar alimentos á sociedade respectando sempre o medio natural.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email