O MUSEO DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO ubicado na Estación de Ferrocarril do INORDE en Santa Cruz de Arrabaldo acolleu a alumnos de primaria e da ESO


O Museo do traxe  de Santa Cruz, recibiu a visita de alumnos de 2º ESO do Colexio PR Sagrado Corazón do Deza de Lalín e alumnos de 6º de primaria do Colexio O Ruxidoiro (A Valenzá  – Ourense).

Coñeceron de primeira man o proceso de elaboración dos tecidos, procesando a materia prima (liño e la) para a obtención dos fíos, que levaron posteriormente  ao tear para realizar o tecido.

Finalmente, fixeron unha visita guiada ás instalacións para ver os diferentes tipos de vestimenta e todos os utensilios empregados no proceso.