O presidente do Inorde participa na presentación oficial de Xantar 2021

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe en Expourense, na presentación da 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico (XANTAR), “unha das citas máis emblemáticas que se celebran neste recinto e un clásico dentro do calendario feiral da nosa provincia e de moitos países que durante eses días se achegan a Ourense para mostrar ao mundo o seu territorio como destino gastronómico”, destacou Rosendo Fernández.

Nesta edición, o Inorde participará co menú “Ourense, destino enOUgastronómico” elaborado a base de produtos locais porque “cremos que é importante darlle aos nosos pequenos produtores o altofalante que precisan, e porque consideramos que os produtos da nosa terra son perfectos embaixadores de Ourense”, explicou o presidente do Inorde.

Neste mesmo sentido, Rosendo Fernández salientou a calidade dos produtos da nosa terra como a pataca, castaña, carnes, setas, produtos de horta, mel, bica, viño, licores… e o menú do Inorde en Xantar amosará estes produtos que están elaborados por empresas que participan no proxecto de dixitalización Agriconect 4.0 do que o Inorde é socio. Tampouco faltarán a esta cita Cuevas e Coren, “os nosos aliados desde hai moitos anos que nos acompañan en cada Xantar para poder ofrecer aos comensais produtos “kilómetro cero” e que son exemplo de sustentabilidade”, engadiu o presidente do Inorde.

A participación do Inorde neste escaparate mundial enogastronómico non sé reduce só ao restaurante, xenón que ademais, como novidade haberá unha exposición destes produtos das 30 empresas participantes no AGRICONECT que proceden de todas as comarcas da provincia para establecer esa conexión entre o sector produtivo da agricultura e a gandaría e o consumidor final.

Así mesmo, o Inorde aproveitará o escaparate que brinda Xantar para presentar ante prescriptores como poden ser os bloggers gastronómicos, a marca turística que precisamente se estreará nese salón internacional. Ademais, o vindeiro venres, 29 de outubro, presentaremos no Castelo de Maceda o noso menú co que “pretendemos ofrecer unha experiencia gastronómica única que ten como fío condutor a Ourense”, afirmou Rosendo Fernández.

Xantar 2021, que se celebra do 3 ao 7 de novembro, como reencontro para os profesionais da enogastronomía e o turismo, estará centrado na promoción da “Gastronomía dos Camiños”. Nesta edición participarán 160 expositores de 4 países, oito restaurantes e ofrecerá un programa con máis de 100 actividades variadas.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email