Presentación de la nueva edición de la feria local Prolimia con la que colabora Inorde

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe na presentación da nova edición da Feira do Comercio que organiza a asociación Prolimia, na Casa Consistorial de Xinzo de Limia.

A Feira do comercio local Prolimia, que terá lugar do 26 ao 28 de agosto no pavillón municipal de Xinzo, chegando a súa terceira edición co obxectivo de activar e dinamizar as ventas na vila a finais de verano.

“Co obxectivo de dinamizar accións deste tipo o Inorde, co apoio da Deputación de Ourense, puxo en marcha por primeira vez unha liña de axudas a asociacións de comerciantes da provincia para dar resposta ás demandas do sector e fomentar o asociacionismo”, dixo Emma González.

A xerente do Inorde felicitou a asociación polo traballo levado a cabo e por presentar accións que “lles resultan útiles e na nosa folla de ruta está, por suposto, axudar ao comercio de proximidade que tan importante é no desenvolvemento económico do noso rural, e que sintan o respaldo das administracións, sobre todo, neste momento tan complicado como o que estamos a vivir”.

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, asegurou que se trata “dunha cita importante para toda a comarca porque é un pulo para toda a acción comercial”, afirmando que “apostar pola economía local e o noso comercio é apostar polo rural”.

Pola súa parte, a presidenta de Prolimia, Concepción Conde, agradeceu o apoio institucional de todas as administracións públicas. Así mesmo, este ano no stand de Prolimia van a estar representadas, ademais dos comerciantes, todas as asociacións que estean vinculadas a Limia.

Ademais de venda e promoción dos produtos, a feira organiza actividades complementarias deseñadas para todos os públicos: obradoiros, xogos, música, deporte…,entre outras. 

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email