Presentación do 55º Rally de Ourense

A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe á presentación da 55ª edición do Rally de Ourense, un evento deportivo co que colabora este organismo provincial. Esta emblemática proba ourensá presentada no centro cultural “Marcos Valcárcel”, comeza a quentar motores ultimando os detalles para que sexa un éxito novamente os días 16, 17 e 18 de xuño.

No acto, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que a escudaría de Ourense é “un emblema da nosa provincia”, recoñecendo o gran traballo que realizan para poder desenvolver un evento destas características, “un dos máis excitantes que acollemos ao longo do ano”.

Ao fío disto, Manuel Baltar afirmou que o Rally de Ourense xungue “deporte e velocidade, precisamente aquí, en Ourense, na provincia da Alta Velocidade”. E, puxo en valor, o traballo que realizan todas as institucións neste proxecto que “é de Ourense e supera os límites provinciais”.

O presidente do goberno provincial augurou que esta edición será un éxito afirmando que “Ourense volverá a dar a talla”.

O percorrido da proba, aínda sen especificar, é de aproximadamente 500 km, dos cales 150 serán cronometrados, segundo explicou o presidente da Escudería de Ourense, quen agradeceu o traballo que realizará eses días o dispositivo de 830 persoas que estarán velando pola seguridade e desenvolvemento da proba.

O Rally de Ourense, puntuable para o Supercampionato de España, pechando precisamente esta primeira metade da competición. A xefa de Relacións Institucionais da RFEDA dixo que se esperaba a presenza dos principais equipos do panorama nacional, estando “o campionato máis emocionante que nunca”. Así mesmo, tivo palabras de recoñecemento para o “extraordinario labor que ano tras anos realiza a Escudería Ourense para  para innovar en cada edición e facer crecer este deporte cuidando todos os detalles para que o rally de Ourense sexa especial e único pola súa carga de tradición e simbolismo” .

Este ano, a saída protocolaria oficial do rally realizarase o xoves, 16 de xuño, ás 22.30 horas, desde o Parque de San Lázaro, co obxectivo de achegar este evento aos ourensáns.

Como dixo o presidente da Escudaría Ourense, “o rally de Ourense é de todos os ourensáns”.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email