Proyecto CTC


O proxecto CTC: Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza, ten cómo obxectivo o desenvolvemento do territorio a través da cooperación transfronteriza entre as rexións que abranguen os socios do proxecto, a Comunidade Intermunicipal do Cávado (CIM Cávado), a do Alto Minho (CIM Minho) e do Inorde.

Esta oficina técnica de cooperación constitúe unha estructura formal transfronteiriza que será capaz de aumentar a eficicencia nas actividades de cooperación entre as entidades para o desenvolvemento económico e territorial deste espazo transfronteirizo.

Este proxecto cunha duración de 2 anos ten un custe total de 532.467,82 €, cofinanciado nun 75% con fondos FEDER, e no que o Inorde conta con 206.734,31 €.

Nesta reunión presidida polo Secretario Executivo da CIM Cávado, Luis Macedo, participaron un representante da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) Mario Guimaraes, o Director da Área de financiamento da CIM Minho, Miguel Matos e o Xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez. Xunto cos técnicos de cada organización a reunión iniciouse, logo da benvida do Secretario Executivo, cunha presentación a cargo de Mario Guimaraes sobre a operativa dos programas, a nova plataforma Coopera 2020 e algúns outros aspectos técnicos importantes para a correcta xestión dos proxectos.

Finalmente concretáronse as accións e datas das actividades do proxecto para a cooperación no tecido empresarial, no desenvolvemento do espíritu empresarial dos máis xoves e da promoción dos recursos do territorio ó nivel do turismo de natureza e do turismo naútico.

A vindeira reunión terá lugar no mes de setembro en Ponte da Lima.