Saluda presidente


rosendofernandezEstá páxina web do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, INORDE, é unha ferramenta onde poderá estar puntualmente informado sobre o emprego de fondos estruturais da UE para á realización de proxectos estratéxicos en Ourense, cooperación internacional e interrexional, xestión de actividades turísticas, apoio ao sector agrícola, gandeiro e forestal, cooperación con empresas, universidades, asociacións…

Este portal pretende ser unha canle bidireccional de proximidade e cercanía cos cidadáns e concellos, onde a transparencia se converte na nosa principal premisa e o meu personal compromiso de traballo.

Dende o INORDE sempre apostaremos por aqueles proxectos que fagan unha adecuada utilización dos recursos dispoñibles e impulsen o desenvolvemento económico e social, a partir das oportunidades que ofrece o territorio. So así responderemos as necesidades reais dos cidadáns , xa que estas accións, sempre contribúen á difusión e promoción da provincia e do seu medio rural, e favorecen a vertebración dunha provincia de oportunidades, capaz de xerar riqueza e emprego.

Ourense, terra de oportunidades, xente traballadora, emigrante e creativa, ten no turismo e no termalismo ferramentas de desenvolvemento como provincia aberta e hospitalaria que coa chegada da alta velocidade, reforzará o seu papel central na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal.
Os nosos obxectivos de mellora deben ir encamiñados a apostar, máis se cabe, polas novas tecnoloxías, e esta páxina web é un bo exemplo que pon ao alcance de todos o INORDE dende un “Clic”.

Benvidos