Tercera reunión del Grupo de Stakeholders del proyecto europeo CRinMA

28.11.2018 Montalegre.

O INORDE e o Municipio de Montalegre organizan unha nova reunión do grupo de partes interesadas do proxecto europeo CRinMA co obxectivo de recoller as aportacións do Grupo ó Plano de Acción a elaborar sobre cómo mellorar a política da Cooperación Transfronteiriza en materia de patrimonio cultural material e inmaterial.

Na reunión celebrada no Ecomuseo do Barroso-Padre Fontes, estiveron representadas a maioría das Entidades que conforman o Grupo participando nun fructífero debate sobre o patrimonio cultural e das posibles propostas a incluir.

    • Autoridades del POCTEP: CCDR-n.
    • Comunidad Intermunicipal do Alto Támega
    • O Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF)
    • ADERE-Asociación para o Desenvolvimento Regional Peneda Geres
    • Entidade Regional Turismo Porto e Norte de Portugal (ERTPNT)
    • Xunta de Galicia – consellería de Medio Rural, Medio Ambiente, Cultura.
    • Universidade de Vigo- Campus de Ourense.
    • Grupos de Acción Local (GDR) da provincia de Ourense.

Ademais do Inorde e o municipio de Montalegre son socios deste proxecto a rexión Podkarpackie (Polonia), a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Presov (Eslovakia), , a Asociación Europea de Representantes das Rexións de Montaña (Francia), e a Unión de Municipios de Montaña Piedmont-uncem Piedmont (Italia) e a rexión de Malopolska (Polonia).

O proxecto CRinMA, que conta cun orzamento de 1.214.250,00 euros, co-financiados polo Programa INTERREG EUROPA, ten como finalidade mellorar a política do Programa de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña, que se traducirá en melloras políticas e programas no futuro.

 

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email