Visita os traballadores do Convenio de colaboración entre “Cáritas Diocesana de Ourense e o INORDE”

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández  visitou  unha das leiras de patacas do INORDE en Sandiás, e falou cos traballadores para escoitar as súas opinións. Grazas ao Convenio de colaboración entre “CÁRITAS Diocesana de Ourense e o INORDE”, dez persoas en risco de exclusión social acollidas por Cáritas, están a desenvolver un programa denominado “Actividades auxiliares de agricultura”, consistente nunha acción formativa de polo menos 350 horas teórico prácticas en leiras do INORDE, obtendo produtos de cultivo aptos para o consumo no comedor social de Cáritas. O pasado ano, grazas a este convenio, foron ao comedor: 30 mil kg de patacas e 5 mil de repolos, á parte de tomates, etc. 

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email