XORNADA DE CAPTACIÓN: TRANSFORMACIÓN DIXITAL DE EMPRESAS AGROINDUSTRIAIS

Esta xornada enmárcase nas accións que o Inorde desenvolverá dentro do proxecto europeo de Cooperación Transfronteiriza AGRICONECT 4.0, do que tamén son socios a Fundación EOI, a Asociación Empresarial Centro Tecnolóxico Agroalimentario “Estremadura”, o FEVAL Estremadura, a Asociación de Desenvolvemento da Rexión do Alto Tâmega (Portugal), e a incubadora de empresas IDDNET- Rede de innovación tecnolóxica.

A xornada, que foi inaugurada polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, serviu como presentación ás empresas dos beneficios da dixitalización e do programa de formación que se vai a impulsar, que inclúe un diagnóstico, un plan específico e un acompañamento ás empresas participantes por parte de asesores expertos. Unha técnica do Inorde, expuxo as actividades que se van a desenvolver, mentres que o director de Innovación, Emprendedores e Pemes da Fundación EOI, deu detalles do Programa de dixitalización.

Ao longo da sesión tamén se expuxeron dous exemplos de dixitalización en dúas empresas ourensás, o da adega Viña Costeira, por parte do seu responsable de Sistemas, e o de Aboamigalla, por parte do seu responsable. Deuse paso a un debate no que o secretario da IXP Castaña de Galicia, falou das empresas de castaña en Galicia, máis concretamente en Ourense.

O seguinte paso será elaborar unha listaxe con todas as empresas agroindustriais da provincia de Ourense interesadas neste Programa de formación, que prevé comezar no ano 2020.

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email