Xornada de peche da primeira edición do programa de sustentabilidade para o sector agroalimentario no que participaron 17 empresas ourensáns, desenvolto polo CEO en colaboración coa Deputación, Inorde e o CEOE Campus

O vindeiro martes, 29 de novembro, terá lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense, a partir das 12.00 horas, un evento que baixo o título “Sustentabilidade: unha oportunidade para empresas e profesionais”, exporanse experiencias e prácticas adquiridas nesta materia a cargo de empresas, profesionais e axentes facilitadores e, por outro lado, a experta en sustentabilidade, Leticia Álvarez, amosará as claves para construír unha estratexia que se adapte ás pequenas empresas e desde a base.

Na xornada, analizaranse das principais ferramentas que axudarán ás empresas nese proceso, con recomendacións para confeccionar a folla de ruta como base para o informe de sustentabilidade e exemplos prácticos inspiradores para iniciar ou avanzar no camiño cara a sustentabilidade, un reto que pode supoñer unha oportunidade para incrementar a rendibilidade das empresas.

Esta jornada pon o broche final á primeira edición do programa de sustentabilidade para o sector agroalimentario no que participaron 17 profesionales de empresas desde sector da provincia e que foi desenrolado pola CEO coa colaboración da Deputación de Ourense, o Inorde e a CEOE Campus.

No espazo de networking posterior á entrega dos diplomas, os asistentes terán ocasión de continuar a compartir inquedanzas e reflexións sobre estes temas.

Os interesados en asistir á xornada poderán formalizar a súa inscrición a través do seguinte enlace: https://forms.gle/HyMv1VcUQACRPE288

Print Friendly, PDF & Email
En este articulo:
Compartir en redes sociales:
Print Friendly, PDF & Email