A Cámara Municipal de Montalegre acolleu a reunión do grupo de partes interesadas do proxecto de Interreg Europe CRinMA


A Cámara Municipal de Montalegre acolleu hoxe a reunión do grupo de partes interesadas do proxecto de Interreg Europe CRinMA que ten como obxectivo a mellora da politica publica en materia de protección dos recursos culturais nas áreas de montaña, que se atopa na súa final de execución. Desde alí, a técnico do Inorde, Rocío Gómez, e o responsable do proxecto Fernando Moura, conectáronse vía telemática co resto de participantes. 

Na xuntanza analizouse a execución de Plan de Acción, un dos principais obxectivos deste proxecto, co que se pretende mellorar a política pública escollida que no caso do Inorde é o POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Territorial España Portugal). Este Plan de acción obtivo o visto bo da Autoridade de Xestión do programa, Ministerio de Facenda, téndose en conta para o novo Programa de Cooperación 2021-2027 actualmente en fase de redacción.

Como Grupo de partes interesadas do proxecto participaron na reunión de hoxe representantes da Axencia de Turismo de Galicia, Concello de Celanova, Grupo de desenvolvemento Rural Sil – Bibei – Navea – GDR8, Grupo de Desenvolvemento Rural Limia – Arnoia – GDR10, Comisión Regional de Coordinación y Desarrollo Norte de Portugal – CCDR – N, Ecomuseo de Barroso, Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, Asociación para o Desenvolvimento Regional Peneda Geres, a Entidade Regional Turismo Porto e Norte de Portugal – ERTPNT, e Asociación de Desarrollo Regional del Alto Támega ADRAT.