A xerente do Inorde, Emma González, reuniuse hoxe con membros da directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense


A xerente do Inorde, Emma González, reuniuse hoxe con membros da directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense encabezados pola súa presidenta, Nuria Iglesias, para avaliar posibles liñas de colaboración e proxectos que poidan fomentar o emprendemento na nosa provincia. Así mesmo, na xuntanza fixeron un seguimento das empresas asociadas a @ajeourense que participan no proxecto Red Agriconect 4.0 que impulsa o #Inorde.