Acta da Sesión Extraordinaria da Comisión Executiva do Inorde do 29 de decembro de 2020


Na Sala de Xuntas do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), ás nove horas do día 29 de decembro de 2020 reuniuse a Comisión Executiva para trata-los asuntos comprendidos na Orde do Día.

Acuden á sesión: 

Presidente do INORDE: Don Rosendo Luis Fernández Fernández, Vicepresidente 1º do INORDE: Don Plácido Álvarez Dobaño. Excusa a súa asistencia o Vicepresidente 2º do INORDE: Don Miguel Caride Domínguez.

Como Vogais:

Dona Marisol Nóvoa Rodríguez, Presidenta da CEO.

Dona María Esther de Blas Varela, Vicerrectora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Don José Antonio Rodríguez Araujo, Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial San Cibrao das Viñas.

Don Santiago Ferreiro Pérez, Presidente da Asociación de Constructores de Ourense.

Actúa de secretario don Adamantino Barreiro García, vicesecretario xeral da Deputación e asiste, coas funcións de interventor, don José Mosquera Casero, xefe do servizo de Intervención.

Acordos acadados:

  1. Denegación da subvención á Asociación Cultural Audiovisual Vía XVI, por falta de determinación do obxecto e porqué se produciría un exceso de subvención.
  2. Aprobación das bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a concellos para a realización de accións de promoción de productos ourensáns correspondentes ó 2021.
  3. Dación en conta dos contratos asinados polo presidente do Inorde dende o 22 de xullo de 2020. O Sr. Presidente da conta do seguinte contrato que ten como obxecto o servizo consistente no asesoramento ás pymes agroindustriais en transformación dixital do proxecto 0574 Red Agriconet 4.0 do programa EP_INTERRREG VA España-Portugal (POCTEP).
  4. Aprobación das bases reguladoras da venda de animais de razas autóctonas no ano 2021.

Non se suscitaron rogos nin preguntas.

Acta da sesión extraordinaria da Comisión Executiva do Inorde 29.12.20