Apúntate á convocatoria do Programa RR_dTerritorio


A Fundación Roberto Rivas abre a convocatoria para participar en RR_ dTerritorio, un programa de formación e incubación de proxectos de emprendemento social innovador para transformar o territorio.

A Fundación Roberto Rivas ten sede en Silleda e con este programa que pon en marcha ten por obxectivo axudar a transformar os territorios do interior de Galicia, a través de proxectos innovadores con impacto social. O programa comprende sete comarcar de actuación: Deza-Tabeirós, Ulloa, Arzúa, Santiago, Melide, Chantada e Carballiño.

Busca emprendedores con ideas e proxectos capaces de xerar novas fontes de riqueza en Galicia, desde a suma do social e a innovación. Proxectos que ofrezan solucións e alternativas distintas á industria tradicional, principalmente no sector primario, enerxía e medio ambiente, industria, mobilidade e biotecnoloxía.

Presenta o teu proxecto e se é elixido entrarás nun programa 100% experiencial, de tres meses de duración, onde poderás desenvolvelo co asesoramento dos formadores, onde a transferencia de coñecemento realízase de emprendedor a emprendedor e ademais co apoio dos axentes locais.

Na páxina web https://rrdterritorio.com podes consultar os requisitos e bases para participar e presentar o teu proxecto, que solucione un dos retos e desafíos para emprendedores.