O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro repartiu preto de 10.000 kg de pataca producida nos campos do INORDE polos alumnos do curso de actividades básicas na agricultura realizado por Caritas


Dentro das actividades comprendidas no convenio de colaboración entre o INORDE e CARITAS Ourense, e coa fin última de axudar a paliar a situación de necesidade que por mor da pandemia están a sufrir unha parte importante da poboación, persoal do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro repartiu na presente semana preto de 10.000 kg de pataca producida nos campos do INORDE polos alumnos do curso de actividades básicas na agricultura realizado por Caritas Ourense coa colaboración do INORDE.

Esta actividade fundamentouse no reparto de lotes formados por aproximadamente 1000 kg nas seguintes parroquias:

– En Ourense, As Caldas, Inmaculada, Sagrado Corazón, San Pio, Milagrosa, e Vistahermosa, ademáis do comedor social da propia Caritas.

– Na provincia, centros parroquiales de Ribadavia, Celanova e Carballiño.

Cara vindeiras semanas o Inorde seguirá aportando este producto básico segundo as necesidades detectadas polos servizos técnicos de Caritas.