Comeza a exposición itinerante do proxecto europeo Circular Labs promovida polo Inorde


Hoxe comeza a exposición itinerante Circular LABS, promovida polo Inorde, na Feira de Mostras de Valladolid, organizada no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza INTERREG-POCTEP, que está formada por dous bloques temáticos: un sobre Boas Prácticas en Economía Circular no que participan 14 empresas que a integraron no seu negocio; e o outro apartado está dedicado ao up-cycling onde se mostran produtos transformados do modelo de economía “lineal” á “circular” a cargo, por ahora, de 18 empresas e asociacións que botaron man da súa creatividade e adaptación ao cambio. Cada un dos participantes pertence ás tres rexións que forman parte do proxecto Circular LABS (Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal).

Na Feira de Mostras de Valladolid estará ata o 12 de setembro, logo continuará do 13 ao 17 de setembro no Instituto Politécnico de Braganza (Portugal) e posteriormente aterrizará en Salamanca, na Casa do Parque Natural das Batuecas-Sierra de Francia, en Ávila, no Instituto Universitario de Maia (Oporto), na Cámara de Montalegre, na Fundación Paideia (A Coruña) e finalizará aquí, no Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico.