Conferencia final do proxecto CRinMa: Patrimonio cultural en áreas de montaña, (Interreg Europe)


O proximo día 21 de xaneiro terá lugar a Conferencia Final do proxecto CRinMa: Patrimonio cultural en áreas de montaña, (Interreg Europe) no que Inorde participa con socios de Portugal, Polonia, Italia, Eslovaquia e Francia. A Conferencia pódese seguir a través da plataforma WEBEX de 10.30 a 13.00 h, previo rexistro.

O obxectivo xeral do proxecto CRinMA é mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña. O principal tema abordado polo proxecto é a protección e promoción do patrimonio cultural nas áreas de fronteira de montaña analizando os instrumentos de política escollidos por cada Rexión participante no proxecto.

Esp_agenda CRinMA – 21 January 2021