Constitución da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, un proxecto Interreg España-Portugal – Poctep


Esta mañá constituíuse formalmente a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, un proxecto Interreg España-Portugal – Poctep. Na reunión estivo presente Rosendo Fernández, presidente do Inorde.

Os socios neste proxecto son o INORDE, a Deputación Provincial de Cáceres, Deputación de Cádiz, Deputación de Córdoba, Deputación de Huelva, Deputación Pontevedra, Deputación de Sevilla, Deputación de Zamora, a Dirección Xeral de Bibliotecas, Arquivos e Patrimonio Cultural da Junta de Extremadura, Turismo Centro de Portugal, Turismo de Alentejo Visit Alentejo e o Município de Barcelos.

A creación desta Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular foi formalmente creada na 1ª Asamblea constituínte da Rede coa aprobación unánime de todos os socios do proxecto. Asemade aprobouse a identidade gráfica coa que se traballará dentro desta rede e o Manual de Procedemento opara o funcionamento da Rede.

Claro exemplo de colaboración e cooperación entre administración no que o turismo xoga o papel de motor de desenvolvemento das nosas rexións rurais.