Convocatoria do concurso público para concesión de subvencións a concellos para a realización de accións de promoción de produtos ourensáns correspondentes o exercicio 2021


Xa está aberto o prazo  para a solicitude de subvencións a concellos para a realización de accións de promoción de produtos ourensáns correspondentes o exercicio 2021.

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións para o financiamento de accións de promoción de produtos propios de Ourense realizadas por concellos da provincia de Ourense durante o ano 2021.

Para os efectos desta convocatoria, consideraranse accións de promoción todas aquelas accións que teñan por obxecto e finalidade a difusión e posta en valor de produtos propios da provincia de Ourense.

O prazo de presentación remata o 26 de febreiro.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=10&fecha=20210114