Emma González, xerente do Inorde


O Consello reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), na súa reunión de hoxe, nomeou á ata o de agora directora adxunta de Expourense, Emma González, como nova xerente do Inorde, segundo o previsto na base quinta das reguladoras do procedemento para a provisión, mediante libre designación con convocatoria pública da Xerencia do Inorde, logo dun proceso aberto e de libre concorrencia.

Está previsto que Emma González tome posesión do seu cargo o vindeiro 1 de marzo e comece a partires desa data a desenvolver o seu labor nesta entidade dependente da Deputación de Ourense, que ten encomendadas funcións de dinamización da provincia, xestión de fondos europeos e colaboración público-privada nos ámbitos económico e social. Desta maneira, Emma González pasa a ocupar a vacante deixada trala xubilación de José Manuel Rodríguez, quen desempeñou o cargo de xerente do Inorde durante preto de dúas décadas