Estación de Baños de Molgas


 

PROXECTO ESTACIÓNS SP1. 16/02:

Cofinanciado dentro da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España – Portugal ( F.E.D.E. R.).

Socios do proxecto: INORDE e a C.M. de Viana do Castelo.

O proxecto consistiu na revalorización de sete infraestruturas ferroviarias en desuso, situadas na zona transfronteiriza comprendida entre Galicia e o Norte de Portugal, para convertelas en enclaves idóneos para a revitalización económica, social e cultural das áreas que a forman, convertendo estas zonas en espazos de lecer, ecoturismo, turismo activo natural e cultural a través da recuperación e potenciación das rutas da Vía da Prata, os camiños Portugueses da Costa e do Interior, así como as Vías Xacobeas e a Vía Nova.

Todo iso é posible, grazas á a gran vinculación histórica das estacións cos espazos nos que se establecen, que lles confire un gran atractivo patrimonial e ambiental converténdoas en factores de gran interese para o desenvolvemento destas comarcas.

Esta estación de ferrocarril está situada na localidade de Baños de Molgas (Ourense) e alberga:

Museo Moncho Borrajo: Espazo cultural que recolle a totalidade do legado do artista Moncho Borrajo, con material de atrezo utilizado polo artista ao longo da súa carreira, premios, obxectos persoais, pinturas, curiosidades así como documentación sobre a súa vida e as súas obras; os artigos máis representativos da vida cultural e persoal do actor ourensán nado en Baños de Molgas. Ademais da súa biblioteca persoal con máis de 3.000 libros.

Sala de Exposicións: Situada na planta baixa, alberga o legado pictórico persoal do artista con obras de Dalí, Sorolla, Laxeiro, Miró,… ademáis de exposicións rotativas temáticas.

Restaurante – Cafetería: Ambientada como unha cantina histórica con temática ferroviaria.

Albergue Turístico: Situado na primeira planta, conta con 10 habitacións.

 

Contacto: ctc-inorde@inorde.com