Estación de Campobecerros (Castrelo do Val)


PROXECTO ESTACIÓNS SP1. 16/02:

Cofinanciado dentro da Iniciativa Comunitaria Interreg III-A España – Portugal ( F.E.D.E. R.).

Socios do proxecto: INORDE e a C.M. de Viana do Castelo.

O proxecto consistiu na revalorización de sete infraestruturas ferroviarias en desuso, situadas na zona transfronteiriza comprendida entre Galicia e o Norte de Portugal, para convertelas en enclaves idóneos para a revitalización económica, social e cultural das áreas que a forman, convertendo estas zonas en espazos de lecer, ecoturismo, turismo activo natural e cultural a través da recuperación e potenciación das rutas da Vía da Prata, os camiños Portugueses da Costa e do Interior, así como as Vías Xacobeas e a Vía Nova.

Todo iso é posible, grazas á a gran vinculación histórica das estacións cos espazos nos que se establecen, que lles confire un gran atractivo patrimonial e ambiental converténdoas en factores de gran interese para o desenvolvemento destas comarcas.

Esta estación de ferrocarril atópase ás portas do Parque Natural O Invernadeiro.

Contacto: ctc-inorde@inorde.com