II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo


Inauguración oficial en Expourense do “II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo”. Onde nos anunciarán as claves para a reactivación do sector e as oportunidades do turismo activo e de natureza no contexto de pandemia. Participarán 25 expertos de España e Portugal e nestes momentos unha inscripción que sobrepasa 300 participantes…

Turismo deportivo é sinónimo de calidade de vida e crecemento sostible. E a sinerxia entre turismo e deporte é unha estratexia que beneficia ó produto, que permite mellorar as ventaxas competitivas do destino, promove desenvolvemento socio económico da zona e aporta valor engadido á marca turística.

Neste sector a Deputación de Ourense e o INORDE están sempre marcando a estratexia polo turismo deportivo: dispomos de infraestrutura, natureza, auga, paisaxe..