Inicio das practicas do obradoiro “Mocidade da Mancumunidade de Verín V” na finca experimental de Monterrei do INORDE


As labores de vendima na finca experimental de Monterrei, pertencente a rede de ensaios de campo do INORDE, supuxeron o inicio das prácticas do módulo de froiticultura do obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade de Verín V “.

Os alumnos de dito módulo farán uso das instalacións do INORDE, durante a duración do obradoiro, para desenvolver unha formación practica que lles permita acadar as ferramentas precisas á hora de desempeñar un futuro proxecto laboral.

O INORDE considera que este tipo de  actividades formativas  supoñen unha importante labor de apoio ó sector primario provincial.