INORDE, concellos e Xunta poñen en marcha o Plan Turístico Manzaneda-Trevinca


A Comisión de Seguemento do Xeodestino Manzaneda-Trevinca, reuniuse no Concello de A Rúa para activar o Plan Turístico do Xeodestino, que comezará a súa andadura cunha inversión de 72.500 €.

A reunión contou coa asistencia de representantes do INORDE e dos concellos que integran o Xeodestino: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda, Chandrexa, Larouco, Manzaneda, Petín, A Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, San Xoán de Río, A Veiga e Vilamartín.

Os asistentes acordaron repartir a financiación entre os concellos e o Inorde. A aprobación da un pulo definitivo a un proxecto. “O orzamento da posta en marcha está asegurado para os tres anos. Temos o compromiso da Xunta e nós nos comprometimos cos concellos”, sinalou o Xerente do INORDE. O investimento previsto para o trienio sitúase en aproximadamente 300.000€.

A posta en marcha do Plan Director reparte as actuacións en catro capítulos: cualificación de recursos humanos, deseño e desenvolvemento de novos productos turísticos e mellora da competitividade, imaxe e comunicación, e promoción e comercialización.

O primeiro dos apartados citados alude á análise das necesidades formativas dos profesionais do sector turístico e pretende aumentar os coñecementos nas particularidades do oriente provincial: gastronomía, montaña ou minería entre outras.

En cuanto aos posibles campos turísticos que están sin explotar, o Plan Director plantexa investigar en catro ámbitos: turismo activo e deportivo, astronómico, enoturismo e gastronomía. Pero tamén é importante “darlle visibilidade ao Xeodestino” segundo explicou o xerente do INORDE. José Manuel Rodríguez resaltou a necesidade de crear unha imaxe de marca. Esta iniciativa irá acompañada do deseño dunha plataforma web e a elaboración de material divulgativo, entre outras propostas.

Finalmente os alcaldes e os representantes do INORDE apostan pola promoción do Xeodestino. Neste apartado, o Plan Director plantexa a necesidade de establecer acordos con turoperadores na fase inicial dun proxecto que tardará tres anos en finalizar.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *