O Inorde colabora coa campaña “Bonos de Compra de Outono” organizada polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro


O Inorde colabora coa campaña “Bonos de Compra de Outono”, organizada polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro, “co obxectivo de contribuir á dinamización do noso comercio local”, dixo o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, quen xunto á xerente do mesmo, Emma González, participaron hoxe na presentación de dita iniciativa no parque de San Lázaro, xunto ao presidente e á xerente do CCA, Luis Rivera e Lorena Tato, respectivamente.

Esta campaña, que durará os meses de setembro e outubro, pon á venda 200 bonos de compra para gastar nos establecementos asociados ata o día 22 de outubro. Estes bonos serán de 50 euros cun 40% de regalo, é dicir, o cliente paga 30 euros e o CCA entrégalle un bono de 50 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña (poden consultarse na páxina web do CCA).

Este bono de 50 euros entregarase dividido en 5 bonos, tipo tarxeta, de 10 euros cada un para maior comodidade do cliente e cada bono é de un só uso e só se pode gastar na súa totalidade nun establecemento. Cada persoa ten dereito a adquirir un máximo de 4 bonos.

Podes adquirir o bono, en horario de mañá de 9.00 a 14.30 horas, na oficina do CCA ou no stand informativo que teñen ubicado no parque de San Lázaro.