O Inorde colabora coa Feira do Pemento de Oímbra que chega as súas vodas de prata sendo unha cita gastronómica de auténtica referencia en Galicia


O Inorde colabora coa XXV Feira do Pemento de Oímbra, celebración que chega as súas vodas de prata sendo unha cita gastronómica de referencia para toda Galicia.

A colaboración deste organismo materializouse a través da liña de axudas que abre anualmente para cooperar cos concellos da provincia en accións de promoción de productos ourensáns. Pero, ademáis, durante a Festa, o Inorde estivo presente cun stand para informar do traballo do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro e continuar con ese labor de promoción e asesoramento do sector do agro na provincia de Ourense.

A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe á inauguración da Festa, participando no xantar popular que enxalzou un dos produtos estrela desta provincia, nesta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

“Sumándose ás numerosas festas enogastronómicas que temos na provincia e que dan boa conta da calidade da nosa enogastronomía, recurso representado na nosa marca turística “OU” e que atrae a visitantes cada ano a nosa provincia”, dixo Emma González.

A alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino destacou que esta edición, precisamente, supón a volta á normalidade despois de dous anos de pandemia -en 2020 celebrouse de xeito online e en 2021 nos bares-, recuperando “a nosa ubicación tradicional, a fermosa carballeira situada ao carón do Concello”.