O Inorde colabora coa segunda edición da Mini BTT Estaciones Vivas que reunirá a 400 deportistas


O Inorde colabora coa segunda edición da Mini BTT Estaciones Vivas reunirá o vindeiro domingo, 8 de agosto, en Baños de Molgas a 400 deportistas de 5 a 14 anos pertencentes ás categorías: Promesa Feminina, Promesa B, Promesa A, Principiante Feminina, Principiante B, Principiante A, Infantil Feminina, Infantil, Benxamín Feminina, Benxamín, Alevín Feminina, Alevín B y Alevín A.

A presentación da proba tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a xerente do Inorde, Emma González; o alcalde de Baños de Malgos, Xaime Iglesias; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure.

A competición, que conta con participantes de toda Galicia, desenvolverase en 26 probas divididas en 13 categorías tanto femininas como 13 masculinas, a partir das 10.00 horas ata as 16.00 horas. O circuíto, habilitado fronte á estación de ferrocarril, adaptarase a cada categoría.