O Inorde participa na feira da Faba Loba e do Mel das Montañas de Trevinca da Veiga


O Inorde está a participar na feira de promoción e exaltación da Faba Loba e do Mel das Montañas de Trevinca que organiza o Concello da Veiga durante este fin de semana. Nesta segunda edición desta celebración produtores de ambos dous sectores poñen á venda o resultado do seu traballo co obxetivo amén de dar a coñecer as bondades destes produtos endóxenos, claramente diferenciados e co marchamo de quilómetro cero.

O Inorde dentro da súa liña de defensa da biodiversidade e a súa aposta pola calidade, apoia esta feira coa asistencia á mesma cun stand demostrativo das actividades de apoio á agricultura que este organismo realiza a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro.

O longo dos dous días que durará o evento, 18 e 19 de decembro, estarán presentes no mesmo técnicos do Inorde que estarán ao dispor de todos aqueles interesados en realizar calquera cuestión relacionada coa produción primaria e todos os factores que contribúen a aumentar a rendibilidade económica, social e medioambiental das explotacións agrícolas, forestais ou gandeiras.