O Inorde, presente na XII edición da Festa Popular de Baltar, cun stand informativo que amosa o traballo de apoio ao sector primario que presta o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro na provincia


O Inorde está presente na XII edición da Festa Popular de Baltar, cun stand informativo que está a amosar o traballo de apoio ao sector primario que realiza o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro á provincia.

A celebración, que reuniu xogos populares, gastronomía e música nunha nova xornada de reivindicación da vida saudable, premiou novamente aos asistentes que deron resultado negativo nas probas voluntarias de alcoholemia que se realizaron, para fomentar que a mocidade se divirta de un modo saudable.

Emma González felicita ao concello por “manter viva unha celebración que aglutina gastronomía, cultura, tradición e, que ademais, incentiva a diversión cun consumo razoable de alcohol”.

Pola súa parte, o alcalde de Baltar asegura que esta festa pretende “potenciar as nosas tradicións e gastronomía, fomentar a convivencia cos nosos irmáns portugueses e animar á xente a prol dunha vida saudable”.