O INORDE presente un ano máis en XANTAR


O INORDE estará no  XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico-  XANTAR.

Este ano contamos coa participación dun socio do proxecto  CRinMA (Interreg Europa): A Unión de Municipios de Montaña de  Piamonte –  UNCEM (Italia), con punto de información dentro do propio restaurante onde ofrecerán degustación de produtos da Alta  langa nos servizos de comidas. Conta ademais o Proxecto con socios de : Polonia, Eslovaquia, Portugal, Francia e Italia.

O importe total concedido ao Proxecto ascende a 1.217.250€.

O Proxecto  CRinMA, do que INORDE é socio, xunto coa  UNCEM que nos acompañará en  XANTAR este ano, aposta pola mellora das políticas rexionais relacionadas coa protección do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

O ano 2018, Ano Europeo do Patrimonio Cultural, foille concedido pola Unión Europea un premio pola súa temática e contido.

Seguiremos contando nesta edición, coa colaboración de empresas ourensás, líderes na súa actividade e no sector agroalimentario.

COREN, CUEVAS e GRUPO  REBOREDA  MORGADÍO, son as empresas de agroalimentación que xeran máis emprego e máis valor engadido á economía ourensá.

NO RESTAURANTE INORDE EN  XANTAR 2019, COREN promociona a súa raza selecta:
•RAZA SELECCIONADA

Este tipo de raza é moi similar á do porco ibérico e dá como resultado unha carne moi  veteada cunha maior infiltración de graxa  intramuscular, o cal achega unha nova textura e moita máis  xugosidade. As granxas son máis pequenas e con menor densidade de animais, o que contribúe ao benestar animal. COREN recupera un alimento tradicional do porco en Galicia: a castaña. Ademais de achegar unha elevada porcentaxe de ácidos graxos  monoinsaturados (como o ácido  oleico), o que lle confire a esta saudable carne un exquisito sabor.

CUEVAS, UN  TROCITO DE ALMA DE BOSQUE

A maxia deste produto provén tanto das súas orixes como do seu proceso de elaboración. Apenas unha decena das máis de 80 variedades de castañas que se atopan nos bosques galegos son aptas para elaborar  Marron  Glacé. Estas son sometidas a unha rigorosa selección, atendendo a criterios  organolépticos e  morfológicos. Só unhas poucas serán susceptibles de someterse ao proceso de metamorfose que as elevará á categoría de  Marron  Glacé.

GRUPO  REBOREDA  MORGADÍO

Na década dos 40 do século pasado, comezou a historia deste Grupo en Castrelo de Miño, unha das zonas na que se atopan as orixes do Ribeiro como veu no século  XVI.

Comezaron a distribuír o seu viño Ribeiro a través de barricas por toda Galicia, e nos anos 70 empezouse a  embotellar a súa produción ademais de ampliala a outros tipos de viño, como  Godellos,  Treixadura e  Loureira.

En 1990 creouse a adega na Leira  Reboreda para en 1996 comprar  Adegas  Morgadío que producía viños  DO Rías Baixas, pasando así a crearse o GRUPO  REBOREDA  MORGADÍO.

E é xa a comezos deste século cando os herdeiros do Grupo comezan a dar o impulso definitivo á Adega  Campante e converterse nun punto de referencia da produción do viño da  DO Ribeiro.

Nesta 20 edición, seguimos contando coa  IXP CASTAÑA DE GALICIA, que achega un selo de calidade extraordinario coa valorización deste produto no seu empeño por recuperar  a insignia dun dos puntais da alimentación galega.

O labor da  IXP é estudar as características  morfológicas, de desenvolvemento, variedades e peculiaridades; de tal forma que, xunto co INORDE,  tentan desenvolver a potencialidade destes produtos para revitalizar a economía do rural galego, aumentando a produción transformación e comercialización deste potencial endóxeno. Nestes momentos, e conxuntamente, está a traballarse nunha campaña de sensibilización para que os produtores adhíranse á  IXP Castaña de Galicia.

Coa colaboración de todas estas empresas, confeccionamos o menú de INORDE na 20ª Edición de  XANTAR, que esperamos teña o éxito de anteriores edicións.

Esta colaboración, demostra que sumando sinerxias público – privadas conséguense fitos que dificilmente se alcanzarían a nivel individual.

No Restaurante INORDE, ofertamos unha cociña tradicional, baseada en “PRODUTOS km. 0”: produtos cultivados en Ourense, transformados en Ourense e comercializados desde Ourense.

 

MENÚ INORDE-XANTAR2019