Presentación da IX edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Ourense Vinis Terrae


O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na presentación da novena edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Ourense Vinis Terrae, que se celebrará os días 14 e 15 de xuño nun formato híbrido que aglutina programación presencial e virtual co obxectivo de adaptarse á situación sanitaria actual.
Desde o Inorde este ano deuse un paso máis nesa colaboración “que mantemos desde o goberno provincial con este certame por ser un dos sectores estratéxicos da nosa economía”, dixo Rosendo Fernández. Por elo, promovemos unha actividade formativa e outra de promoción co obxectivo de potenciar a dixitalización no ámbito do sector vitivinícola na fase de promoción e comercialización, e todo elo dento do proxecto europeo Red Agriconect 4.0 do que o Inorde é socio. O obxectivo do #Agriconect é impulsar a dixitalización das empresas agroindustriais da provicina ofrecendo formación gratuíta para xestores e técnicos.
En primeiro lugar organizamos unha masterclass a cargo dunha prescriptora de referencia internacional como Sarah Jane Evans, Master of Wine, quen dirixirá unha cata en directo destinada a potenciais importadores de 24 países e centrarase na variedade da uva “Mencía” nas Denominacións de Orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. Dita actividade terá lugar precisamente mañá, ás 16.00 horas. Os interesados en participar deben inscribirse como visitantes profesionais a través da web vinisterrae.es.
Pero, ademais desta masterclass de primeiro nivel, ofreceremos unha xornada formativa destinada a adegas e produtores de viño sobre comercialización a través de canles dixitais que estará a cargo do relator Javier Blanco, experto en Comercio Exterior e Comercialización. Esta xornada, que se desenvolverá nun formato híbrido, pretende amosar aos asistentes os beneficios de contar cunha estratexia de marketing dixital e terá lugar o 16 de xuño ás 10.00 horas. As inscricións poden realizarse a través da web vinisterrae.es ou do correo electrónico info@vinisterrae.es.
Estas dúas actividades veñen a completar o intenso e variado programa que ofrece esta novena edición e que pon de manifesto, unha vez máis, a importancia da cooperación entre institucións “para lograr eventos de éxito como de seguro será este”, dixo Rosendo Fernández.
Neste sentido, o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez expuso os datos de participación deste Salón no que se darán cita 58 expositores que representan a 69 adegas galegas, superando as cifras de 2019. De feito, confirmou o éxito desta feira afirmando que o 75% son expositores habituais e adxudicou o éxito do evento a que é unha ferramenta de exportación ao servizo das adegas galegas facilitando o acceso aos mercados de interese.
Nesta IX edición participarán 25 países e durará máis ca nunca ao incluir na súa programación actividades previas e posteriores ao salón.
Na presentación de Ourense Vinis Terrae en Expourense tamén participaron o director de AGACAL, José Luis Cabarcos e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, Juan Casares.