Presentación da proba deportiva Arnoia Termal  Sports


Hoxe  presentouse no Balneario de Arnoia a  proba deportiva ARNOIA TERMAL  SPORTS. A natación, o ciclismo e o atletismo volveran a  xuntarse en dúas xornadas espectaculares que contemplan un apretado calendario de esixencias físicas.

O Balneario de Arnoia, acollerá a fin de semana do 15 e 16 de agosto o denominado Arnoia Termal  Sports, un tríatlon que se desenvolverá  entre as xornadas do sábado e o domingo.

O sábado pola mañá, os participantes terán que completar unha travesía de augas abertas, a Termal  Swim, de 1.200  ou 3.000 metros.

Ise mesmo día, xa pola tarde, disputarase a crono-escalada de bici, a Termal  Bike, de 4,5 km, nun trazado que presenta rampas de ata o 22%.

Para o domingo pola mañá quedará a Termal  Run, unha última proba de 8 km de carreira a pé.

Tanto na travesía como na carreira a pé organizaranse as  saídas coa oportuna separación entre os participantes.

Ademais contará coa presenza de deportistas de gran nivel como o  triatleta Iván Raña, campión do mundo e dúas veces de Europa e o ciclista Gustavo  Veloso na crono-escalada individual.

Unha competición deportiva adaptada aos novos tempos post  Covid que se disputará con todas as medidas e garantías  de seguridade.

A presentación que hoxe tivo lugar no Balneario de Arnoia contou coa  presenza de Rosendo Luís Fernández, presidente do Inorde; Rodrigo Aparicio, alcalde de Arnoia;  Bernardino González, asesor de deportes  da  Deputación de Ourense; Manuel Pérez, delegado de deportes   da Xunta de Galicia;  Javier Soto, xerente do grupo Caldaria;  Serafin Martínez, director técnico da  proba; Manuel Arnoia, xerente de Adegas  Alanís e  Terio Carrera presentador  de deportes da  televisión de Galicia.

Para facer a inscrición e  ver o regulamento visitar a web:

http://www.arnoiatermalsports.com/