PROXECTO KEEP ON: Policy Summit e visita estudo en Kielce (Polonia)


O PROXECTO KEEP ON “Políticas eficaces para proxectos duradeiros e sustentables no sector do patrimonio cultural” que lidera INORDE, emprazou a todos os socios en Kielce (Polonia) para realizar o Policy Summit e Visita estudo.

Durante o Policy Summit, cada socio do proxecto explicou as boas prácticas seleccionadas na xestión de proxectos culturais no seu territorio, no marco da Política elixida e no que participaron ao redor de 100 axentes económicos e sociais da rexión polaca de Kielce.

Por parte de INORDE presentáronse as seguintes boas prácticas:
– Proxecto Estacións e Estacións Vivas (liderado por INORDE)
– Romaría Etnográfica Raigame, como un proxecto de recuperación etnográfica e de desenvolvemento urbanístico, social e económico.
– Parador de Santo Estevo, como un modelo de xestión preservando o Patrimonio Cultural e o seu enclave na Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade.
Realizouse a Visita Estudo coñecendo de primeira man os proxectos culturais xestionados, considerados como boas prácticas polo socio polaco e sometidos a análise na reunión de intercambio de experiencias.

Celebrouse tamén a reunión de seguimento do proxecto para ver o avance e establecer as actividades para desenvolver no próximo semestre.