Proxectos: Estaciones Vivas


OBXECTIVOS:
XENERAL:
O obxectivo xeral do proxecto é a promoción  da riqueza natural e cultural como potencial do desenvolvemento turístico sustentable, así como a contribución á sustentabilidade do seu patrimonio.
Co desenvolvemento das actividades na área de intervención, preténdese integrar actividades turísticas con accións de conservación de recursos naturais e patrimoniais, de maneira que poidan xerar recursos económicos, desenvolvemento e creación de postos de traballo, e contribuír así á permanencia da poboación da zona.
ESPECÍFICOS:
– Promover no espazo, accións conxuntas de protección, conservación e valorización do medio ambiente e dos recursos naturais.
– Xestión e recuperación de espazos naturais contorna ao patrimonio cultural (estacións de ferrocarril e funicular de Santa Luzia).
– Posta en valor de produtos turísticos do espazo transfronteirizo en base aos recursos ambientais, patrimoniais e culturais.
– Consolidar espazos transfronteirizos como destinos turísticos de calidade, garantindo a sustentabilidade do patrimonio cultural e natural.
– Coñecer, defender e recuperar o equilibrio ecolóxico e a conservación do patrimonio cultural (antigas estacións de ferrocarril e funicular de Santa Luzia).
– Creación dun paquete turístico ferroviario en dous países.
ACTIVIDADES:
1. RECUPERACION E VALORIZACIÓN  DAS CONTORNAS.
– Elaboración dun Inventario de  Recursos da  área de actuación.
– Creación de Espazos Temáticos.
2. CREACIÓN E PROMOCIÓN DA REDE DE ANTIGAS ESTACIÓNS DE FERROCARRIL.
– Dinamización da rede. Interconexión nos LIC,s. Reservas da Biosfera e Parques naturais.
-Creación de Produtos Turísticos conxuntos.
3.COMUNICACIÓN.
-Deseño imaxe do  produto.
-Páxina web.
-Seminarios de formación.

SOCIOS:

Beneficiario Ppal.: INORDE – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico.
logo-inorde
Beneficiario: Cámara Municipal de Viana do Castelo.
viana

DESCARGAS:

ESTACIONES:

 – BAÑOS DE MOLGAS
– CAMPOBECERROS
– SANTA CRUZ DE ARRABALDO
– OS PEARES
– VILAR DE BARRIO
– VILAVELLA